Saltar ao contido

Vercingétorix: La légende du druide roi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vercingétorix: La légende du druide roi
Ficha técnica
Título orixinalVercingétorix: La légende du druide roi
DirectorJacques Dorfmann
GuiónJacques Dorfmann
Rospo Pallenberg
Norman Spinrad[1]
IntérpretesChristopher Lambert
Klaus Maria Brandauer
Inès Sastre
Bernard-Pierre Donnadieu
Max von Sydow
MúsicaPierre Charvet
FotografíaStefan Ivanov
MontaxeMarie Castro
Estudio
DistribuidoraLolistar
Estrea31 de agosto de 2001
Duración124 minutos
Orixe Francia
Canadá
Bélxica Bélxica
XéneroDrama, Histórico
Orzamento15 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt0199481 Filmaffinity: 769886 Allocine: 27993 Rottentomatoes: m/druids Allmovie: v237168 TCM: 533178 TV.com: movies/druids Netlix: 60021248 Editar o valor en Wikidata

Vercingétorix: La légende du druide roi é unha coprodución entre Francia, Canadá e Bélxica dirixida por Jacques Dorfmann e estreada no 2001. Está protagonizada por Christopher Lambert, Klaus Maria Brandauer, Inés Sastre, Bernard-Pierre Donnadieu e Max von Sydow.

O filme conta a historia do xefe galo Vercinxetórix, dende a súa nenez ata a batalla para salvar a Galia da dominación romana de mans de Xulio César. O filme remata coa decisiva Batalla de Alesia.

A novela The Druid King de Norman Spinrad é unha obra que deriva dunha versión inicial do guión do filme.[1]

Filme sobre a vida do caudillo galo Vercinxetórix (século -I). Cando as lexións romanas conquistaron as Galias, o seu pai foi apresado e executado. Un sabio druída, Guttuart, vaticínalle a Vercinxetórix que liberará as Galias do poder de Roma. Xa adulto, converterase nun bravo e valente guerreiro.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Lohr, Michael (19 Feb 2007). "The Druid King: An Interview with Norman Spinrad". The Dragon Page. Consultado o 10 de abril de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]